Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ASASINADO EN BAGDAD

O Tribunal Supremo ordena reabrir a investigación pola morte de Couso

Anula así o sobresemento decretado pola Audiencia Nacional e estima o recurso presentado pola familia.

Redacción - 13:35 06/07/2010

O Tribunal Supremo ordenou este martes á Audiencia Nacional que reabra a investigación pola morte en Iraq en 2003 do cámara galego Xosé Couso, ao estimar o recurso presentado pola familia contra o arquivo da causa. Anula así o sobresemento decretado pola Audiencia da causa que investiga o seu asasinato nunha acción no Hotel Palestina o 8 de abril de 2003, en plena invasión de Bagdad por parte do exército de Estados Unidos.

A decisión do alto tribunal, que deliberou sobre este asunto a porta pechada e da que unicamente transcendeu o fallo, obriga á reapertura do caso. É a segunda vez que ocorre, despois de que en decembro de 2006 o Supremo anulase un primeiro arquivo rexeitando que a morte de Couso se debera a un “acto de guerra”.

Daquela, a familia do cámara recorrera ante o Tribunal Supremo o auto da Sala do Penal da Audiencia Nacional do 23 de outubro de 2009 que confirmara a conclusión do sumario como consecuencia da revocación do procesamento do sarxento Thomas Gibson, o capitán Philip Wolford e o tenente coronel Philip Camp, acusados de provocar subsidiariamente a morte de Couso.


5/5 (11 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: