Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
POLÉMICA

O goberno vasco 'needs Spain' para a promoción turística

Euskadi acóllese por vez primeira a unha campaña para captar visitantes baixo a marca España.

Redacción - 12:05 06/07/2010
Tags:

O cambio político en Euskadi nótase até nas campañas turísticas. O goberno do socialista 'Patxi' López chegou a un acordo co executivo español para promocionar Euskadi conxuntamente co Estado Español, baixo o lema I need Spain (Necesito España). Segundo a viceconselleira de Comercio e Turismo do goberno vasco, Pilar Zorrilla, “mediante este acordo Euskadi vai reforzar a súa presenza nos mercados internacionais nun momento que hai poucos recursos. Estas accións servirán para reforzar a chegada de visitantes”.

O anuncio da campaña está a provocar certa polémica polítical. Dende o PNV afirman “descoñecer” que lle vai achegar aos vascos estar representados pola marca España: “Euskadi é un destino con entidade e potencial abondo como para venderse e competir só. O que parece claro é que nos dilúe nun todo que oculta as nosas especifidades, precisamente as que poden ser máis atractivas para os turistas”.

Dende Eusko Alkartasuna sinalan que “non vemos claro que estea xustificado un acordo que lle vai custar 300 mil euros ás arcas públicas”. Dende Aralar cren que “o lehendakari está a tomar o camiño equivocado. As medidas para fomentar o turismo en Euskadi pasan por outras vías e non consideramos que equipararnos con España cause unha boa sensación nos cidadáns europeos”.


1/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: