Ao ritmo da Moza, de Kogito, ghit da semana, chegamos á recta final do certame deste ano.
"Esta peza pretende ser unha oda a todas aquelas persoas que tiveron a ocasión de coñecerse e namorarse nas noites de festas de calquera pobo ou vila", cóntannos a xente de KoGiTo. Proposta ao xeito para mover as pernas neste verán verbeneiro.
Como vos recordábamos a pasada fin de semana, son xa máis de 260 temas ao longo destes cinco anos de historia. E para esta fin de semana agardamos que o xurado, axiña vos faremos coñecer os nomes, cumpra co rigoroso e complicado cometido de escoller entre todos os ghits recibidos o "ghit do verán 2010".
Velaquí as últimas preferencias dos internautas:
1.Moza, de Kogito
2.Dagon, de Shit Pony
3.A marajota, de O tren da unha show
4.Caña, caña e caña, de Skandalo GZ
4.Tola atrás de ti, de Sés
4.Viaxe a Urano, de Pito de Pikasso
5.Máis non, de Paris Joel
6.Brigadas i empanadas, de Tristetto
7.O mundo vai, de A voleo
8.Gladiador, dos Trabalhadores do Comercio
8.Viva o galego, de Zan Hoffman
8.Deus xa nunca pasa por aquí, de Miguel Alonso
8.Reacción, de Labazada
9.G-g-A-a-L-EGO, El Puto Coke
Estas e outras pezas en A Polo Ghit 2010.