"Como ocorre coas nosas catedrais, montes e cascos históricos" os galegos "rebelámonos contra o inmobilismo", afirmou o presidente da Xunta.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, destacou este sábado que Galiza é a "primeira comunidade autónoma do mundo en número de bandeiras azuis" pola cifra de portos e areais galardoados.
Así o asegurou no acto de entrega de Bandeiras Azuis 2010, onde incidiu en que a repartición das destas bandeiras "non entende de signos políticos", aínda que "esconde detrás siglas, militantes e unhas cores definidas". "Falo de Galiza e das cores azuis e verde que os visitantes asocian a esta terra", puntualizou.
"Aquí celebramos o que somos e alimentamos o que queremos ser", afirmou o xefe do Executivo, que incidiu nesta "historia costeira que hoxe recoñecemos con 132 bandeiras azuis". "Como ocorre coas nosas catedrais, montes e cascos históricos" os galegos "rebelámonos contra o inmobilismo", engadiu.
Para Feijoo, a "boa saúde" das nosas praias e portos é "un grande éxito colectivo" e unha "gran lección para algúns retos do futuro". "Galiza é unha das costas máis atractivas de Europa e sen dúbida do mundo", sinalou.
Ademais, apuntou que as bandeiras azuis concedidas supoñen "un ingrediente de importancia infinita", non só para "xeneralizar responsabilidade ambiental", senón tamén para "preservar o turismo ante a actual debilidade da demanda".
Anteriores: