Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
INCREMENTO DO ODIO ON-LINE

A rede ofrece xogos para bombardear superviventes de Haití

Un informe do Centro Simon Wiesenthal detectou máis de 11.500 sitios de internet que fomentan a violencia, a homofobia ou o terrorismo.

Redacción - 11:35 16/03/2010

Bombardear aos superviventes do terremoto de Haití, disparar a inmigrantes ilegais ou matar a homosexuais. Estas son algunhas das opcións que ofrece internet a través dos seus múltiples recursos a xeito de páxinas web, foros, blogs ou redes sociais. O Centro Simon Wiesenthal realizou unha investigación ao respecto e detectou máis de 11.500 sitios deste tipo que fomentan a violencia, o antisemitismo, a homofobia, a música do odio ou o terrorismo.

Esta cifra supón un aumento dun 20% dos grupos violentos e xenófobos na rede, fronte aos 10 mil que se rexistraban no ano pasado. De entre todos estes sitios, o vicedecano do centro, Abraham Cooper, enumerou vídeos nos que se piden recrutas, nos que se explica como elaborar artefactos explosivos caseiros ou grupos nas redes sociais que reúnen a persoas que se identifican baixo o título de “encántame pegar aos currys” (expresión despectiva adicada a persoas de orixe india) ou “o día nacional de patear a un rubio”.


Ligazóns

5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: