Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
LINGUA

O goberno español ofrece “vontade de colaboración” á RAG

O delegado en Galiza, Antón Louro, comprometeuse con Ferrín a “valorar o financiamento e execución dalgúns dos seus proxectos”.

Redacción - 18:15 18/02/2010

Uns días despois de que o presidente da Real Academia Galega (RAG), Xosé Luís Méndez Ferrín, pedise a inclusión da institución nos orzamentos xerais do Estado, o delegado do goberno español en Galiza, Antón Louro, trasladoulle a vontade do executivo estatal de colaborar economicamente.

Foi na primeira xuntanza celebrada entre os representantes de ambas institucións dende que Méndez Ferrín preside a RAG. Na reunión, os responsábeis da Academia trasladaron ao delegado do goberno español os seus obxectivos fronte a esta nova etapa, entre os que están fortalecer o papel que ten a institución académica en Galiza, mellorar a súa sede e incorporar equipamentos tecnolóxicos para o desenvolvemento da súa función.

Pola súa parte, Louro comprometeuse a “valorar o financiamento e execución de algúns dos seus proxectos”. Nesa liña, informou aos académicos que o novo marco de financiamento autonómico aprobado o ano pasado abre un epígrafe para o apoio ás políticas de normalización lingüística, “onde o Estado se compromete a multiplicar por 2,5 os fondos que transfire para este fin ás comunidades con linguas cooficiais”. Asegurou que en Galiza, esa transferencia engadida supoñen 70 millóns de euros para as políticas lingüísticas.


Ligazóns

4,38/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Ferrín trasladoulle os obxectivos prioritarios da Academia: fortalecer o seu papel, mellorar a súa sede e incorporar equipamentos tecnolóxicos
Ferrín trasladoulle os obxectivos prioritarios da Academia: fortalecer o seu papel, mellorar a súa sede e incorporar equipamentos tecnolóxicos
Louro comprometeuse a valorar o financiamento e execución de algúns dos proxectos da RAG
Louro comprometeuse a valorar o financiamento e execución de algúns dos proxectos da RAG