Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Mudanza na academia

O presidente da Xunta pídelle a Ferrín que "non politice" a RAG

Núñez Feijoo confiou en que o "pasado político" do escritor non marque o seu mandato, aínda que "en Galiza coñecémonos todos".

Redacción - 18:10 28/01/2010
Alberto Nüñez Feijoo, este xoves despois do Consello da Xunta

Alberto Nüñez Feijoo, este xoves despois do Consello da Xunta

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, asegurou este xoves que ao novo presidente da RAG, Xosé Luís Méndez Ferrín, "corresponderalle non politizar" a institución e dixo "esperar" que o "pasado político" do escritor non marque a súa actividade á fronte da academia.

En referencia á adscrición de Ferrín, militante da FPG, Feijoo afirmou: "Creo que en Galiza coñecémonos todos". Aínda que lle trasladou o seu "respecto" pola designación de Méndez Ferrín á fronte da RAG e gabou a súa traxectoria literaria, aconselloulle "falar pouco e defender máis a riqueza e a supervivencia do galego".

Feijoo dixo non saber "se o pasado político das persoas que están na institución marcan a súa actividade", aínda que explicou que esperaba "que non". "Deixemos que o tempo dea ou quite razóns", sentenciou, porque Ferrín aínda está "sen estrear" no cargo.

O presidente da Xunta dixo que a relación de "respecto e comprensión" do Goberno coa RAG "non vai variar", aínda que "despois o Goberno terá que gobernar, que é a súa competencia indelegábel".


1,22/5 (18 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: