Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
EN LUGO

Imaxes para a denuncia

O impacto que a actividade humana xera nos ríos ou lagoas é obxecto dunha mostra que recolle as fotografías premiadas nun concurso do colectivo ecoloxista Adega.

Redacción - 11:05 03/12/2009

Ríos contaminados, encoros hidroeléctricos, lixo nos efluentes... Lamentabelmente non lle faltaron escenarios aos participantes do Concurso de Fotografía convocado por Adega para denunciar as diferentes agresións que sofre o entorno natural galego. O lema baixo o que se convocou o certame e baixo o que se organiza agora a exposición das imaxes gañadoras é "Agresións ás augas continentais galegas", un concurso ao que se presentaron máis de 30 fotografías.

A exposición, que agora se pode visitar no Centro Sociocultural Uxío Novoneira de Lugo, pretende denunciar en imaxes o impacto que a actividade humana xera nestes espazos, tanto ríos, como lagoas como outro tipo de augas continentais.

Velaquí o listado de gañadores:

O primeiro premio recaeu en Alberte Sánchez Regueiro, coa súa fotografía titulada "Hipermeabilizado" (imaxe da esquerda). O segundo premio foi para Rubén Fernández Lago, por "A Fervenza". O terceiro para Adrían Casanova por "Regato Zapardiel"; o cuarto para Marta Pazos, por "Río Fonteliño"; e o quinto para Iván Figueira, por "Río e Ría Contaminados".


4,33/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: