Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Certame musical

Unha banda sonora para a cultura da violencia

Mentres monta a obra 'Pressing catch', Berrobambán convoca un concurso de cancións en galego sobre a violencia como espectáculo.

Redacción - 10:00 21/10/2009

A compañía Berrobambán traballa na actualidade en “Pressing catch”, a súa próxima montaxe para público mozo e adulto. A obra diríxea Quico Cadaval, a partir dun texto de Paula Carballeira. Nesta nova peza, a compañía aparca as súas propostas para público infantil para achegarse ao espectáculo da violencia a través dos torneos de loitadores que tanta fortuna fan nas televisións de medio mundo.

E como o novo espectáculo quere ir máis aló dos escenarios e os cuadriláteros, Berrobambán e o portal Komunikando convocaron un concurso de cancións en galego que traten sobre cultura urbana e violencia. Entre os que se envíen antes do 15 de decembro, escolleranse dez temas que comporán un cd do que se van editar mil copias.

Por agora xa se presentaron catro cancións dos grupos Labazada, Losthopes, Kaleya e Soyuz Sound System. Poden escoitarse no blog e na páxina de MySpace do proxecto, onde se irán publicando todas as que se reciban.


Ligazóns

1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: