Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Mostra de fotoxornalismo

Oleiros abre ventás ao sufrimento das mulleres no mundo

O Foro Internacional Revela expón cerca dun cento de fotografías que afondan na violencia exercida contra as mulleres en lugares en conflito.

Redacción - 10:40 21/08/2009
Walter Astrada na entrega da reportaxe gañadora ao Concello de Oleiros

Walter Astrada na entrega da reportaxe gañadora ao Concello de Oleiros

Cada ano desde hai catro, Oleiros abre nos seus parques e paseos marítimos ventás para achegarse ás realidades que sofren persoas en distintos lugares do mundo. O venres ao mediodía serán descubertas as case cen imaxes incluídas no IV Foro Internacional Revela, que nesta edición pretende afondar nas situacións de violencia que sofre a muller en distintas partes do mundo en conflito.

En Revela participan ano a ano algúns dos mellores fotorreporteiros e fotógrafos documentais do mundo. Do cartel deste ano, destaca a presenza de Robert Wallis, Robin Hammond e Carolyn Drake. Esta última non só expón as súas imaxes, senón que impartirá o 2 de setembro un obradoiro de fotografía.

A violación como arma de guerra
Tamén se exhibirá a reportaxe coa que o arxentino Walter Astrada obtivo o ano pasado a bolsa do foro. Os 12 mil euros cos que está dotada permitíronlle documentar o uso da violación como arma de guerra no leste do Congo. Dá conta do alto nivel do certame a participación de Astrada, que este ano obtivo o World Press Photo polo seu traballo “Violencia post-electoral en Kenia”. O comisario de Revela, Guillermo González, apuntou que na edición de 2009 medrou o número de propostas presentadas á bolsa.

A cuarta edición de Revela prolongarase ata o 6 de setembro. A pesar do protagonismo da fotografía no foro, a organización fai un oco para o cinema. O xornalista arxentino Hernán Zin dará unha conferencia o 3 de setembro nun acto no que se proxectará o seu documental A Guerra contra as mulleres.


Ligazóns

5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: