Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Denuncia da Mesa pola Normalización

Outros dous médicos néganse en Ferrol a atender pacientes en galego

O colectivo denuncia dous novos casos de discriminación por uso da lingua galega en hospitais ferroláns.

Europa Press - 20:15 29/06/2009
Carlos Callón, presidente d'A Mesa

Carlos Callón, presidente d'A Mesa

A Mesa pola Normalización Lingüística denunciou este luns dous novos casos de discriminación relacionados co uso da lingua galega en senllos centros hospitalarios de Ferrol que están integrados no Servizo Galego de Saúde (Sergas). Ambos os dous casos, segundo A Mesa, tiveron lugar a finais do mes de maio nos hospitais Arquitecto Marcide e Naval cando dous facultativos diferentes "se negaron a atender oralmente en galego a un paciente que así llo solicitou formalmente, facendo uso do seu dereito a recibir atención na lingua propia", que ademais tamén o é "do Sergas".

Ao solicitar o formulario de queixa, o usuarios atopáronse con que só se lles facilitou un modelo en castelán, o que contradí o disposto na Circular 5/97 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade. O afectado puxo en coñecemento da xerencia territorial do Sergas e da propia consellaría a situación e tamén se dirixiu á Mesa, que se puxo en contacto coas instancias correspondentes para poñer no seu coñecemento os casos recibidos e coñecer as medidas que se aplican para resolvelos.

A Mesa aproveita para animar a toda a cidadanía a utilizar a Liña do Galego, unha liña telefónica que atende calquera situación de discriminación ou vulneración dos dereitos lingüísticos. A asociación en defensa do galego considera "fundamental" que se dean a coñecer publicamente "todas as situacións nas que o uso normal do galego é imposíbel ou nas que se converte nunha verdadeira carreira de obstáculos", sentenciou.


5/5 (24 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: