Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
CGB, SÁBADO 14, JAZZ, FOTOGRAFÍA E ENTROIDO

Jazz e Entroido no Centro Galego

O ciclo de Jazz chega a febreiro acompañado dunha exposición de fotografía sobre o Entroido galego e mais a festa.

Redacción Barcelona - 21:30 12/02/2009

O I Ciclo de Jazz do Centro Galego segue un mes máis, puntual na súa cita no segundo sábado de cada mes, coa actuación de Iku Trío. Na mesma sala do concerto pódese ver a exposición do fotógrafo Antón García Freire: un percorrido polos entroidos máis tradicionais da xeografía galega. E xa pola noite, a festa "Entroido Xove", organizada pola mocidade do CGB, con concurso de disfraces e obradoiro de maquillaxe.

Exposición fotográfica: Entroido, o mundo ao revés, do fotógrafo Antón García Freire. Un percorrido polos entroidos máis tradicionais, aínda conservados, da xeografía galega.

Até o 28 de febreiro.
---
Sábado 14, 19:00 h

Actuación de Iku Trío (I Ciclo de Jazz no CGB)

Juanjo Fernández (Galiza) – Piano
Pau Lligadas (Catalunya) – Contrabaixo
Tony García (Murcia) – Batería

Entrada: 5 euros, con consumición.
---
Sábado 14, 23:30 h

Festa do Entroido Xove, con concurso de disfraces e taller de maquillaxe.

Centro Galego de Barcelona
Rambla Caputxins, 35-37
Tel. 93.301.28.92


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: