Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
SEGUNDO UN ESTUDO DA ONU

A rexión Asia-Pacífico é a referencia mundial en novas tecnoloxías

Un estudo elaborado por Nacións Unidas amosa que a rexión está á cabeza na implementación de novas tecnoloxías e telecomunicacións.

Redacción - 13:13 02/09/2008

Os países desta rexión acaparan o 39% do mercado mundial da banda ancha e un 42% dos internautas e, ademais, teñen o maior número de usuarios de telefonía móbil, 1.400 millóns de persoas.

Pero as marcas tecnolóxicas da zona non rematan aí. Filipinas é o país no que maior número de mensaxes de móbil se envía, cunha media de 650 sms por persoa ao mes.

Corea do Sur é o líder en fogares conectados a banda ancha e Hong Kong e Xapón, xunto cos coreanos, encabezan a proporción de vivendas con conexión de fibra óptica.

Por último, na rexión Asia-Pacífico están a metade dos usuarios de telefonía móbil mundial (uns 2.000 millóns de persoas) e o crecemento do uso do móbil alcanza un 30% nos últimos cinco anos.

Porén, o estudo tamén remarca problemas como as diferenzas económicas, cada vez máis pronunciadas, que se constitúen no principal contratempo de cara a lograr o acceso universal á rede en Asia.

FWWWRANDO


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: