Aquel que entregue un arma recibirá entre 40 e 125 euros e a garantía de non ser procesado pola súa posesión.
Unha campaña similar conseguiu hai catro anos retirar das rúas das cidades brasileiras até 500 mil armas de fogo. Por este motivo, o goberno brasileiro decidiuse a iniciar unha nova campaña a través de publicidade en radio, televisión e xornais, coa que convida os cidadáns a desfacérense do armamento. O Ministerio de Xustiza pretende así recortar a alta taxa de asasinatos por arma de fogo que se producen no país.
A iniciativa conta cun investimento de 19 millóns de euros e vai unida ao endurecemento da lexislación sobre a posesión de armas. Así, desde o próximo mes de xaneiro, a posesión dun arma de fogo que non estea rexistrada poderá implicar castigos de até seis anos de cárcere. En 2005, os brasileiros rexeitaron en referendo que se prohibise a venda de armas. O último ano houbo máis de 30 mil mortes por arma de fogo en Brasil, un dos país con maior índice de violencia deste tipo.