Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DIANTE DE RESTAURANTES

Máis de 50 mortos en dous atentados en Iraq

As explosións producíronse en Baquba, mediante un coche bomba, e en Ramadi, cun ataque suicida.

Redacción - 13:36 15/04/2008

Polo menos 38 persoas morreron e 64 resultaron feridas a consecuencia da explosión dun coche bomba na cidade iraquí de Baquba. O atentado produciuse diante dun restaurante situado fronte ao tribunal de apelación da cidade, situada 100 quilómetros ao norte de Bagdad. Pouco despois, outra bomba matou 13 persoas en Ramadi, ao oeste, segundo informou a Policía. Tamén tivo como albo un restaurante, e reultaron feridas arredor de 14 persoas.

Segundo informa a BBC, a cidade de Baquba, capital da provincia de Diyala, é un feudo da insurxencia, e dise que alí se reagruparon os militantes ligados a Al Qaeda que foran expulsados de Bagdad. Ademais, a cidade foi o escenario de operacións estadounidenses e iraquís contra os militantes.

A bomba estoupou xusto antes do mediodía, no momento en que a zona está ateigada de xente que acode ás oficinas do goberno e que vai xantar ao restaurante, segundo a axencia Associated Press. Un voceiro da Policía engadiu que as vítimas inclúen mulleres e nenos. Tamén houbo tantos feridos que as ambulancias están a ter dificultades en levalos todos aos hospitais.

O ataque de Ramadi ocorreu nun restaurante de kebab, segundo a Policía, e foi provocado por un suicida. A cidade, capital de Anbar, foi no seu tempo o corazón da insurxencia. Ao contrario de Diyala, a rexión viu decaer bruscamente a violencia cando os líderes sunís se uniron ás forzas estadounidenses e iraquís contra Al Qaeda.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: